René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"

As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

Bibliografía empregada

·De Descartes:

- Discurso del Método.

- Meditaciones metafísicas.

- Reglas para la dirección del espíritu.

- Principios de filosofía


· Con referencias cartesianas:

- Edición de J. Muñoz e J. Velarde Compendio de Epistemología Ed. Trotta, Madrid: 2000

- Tradución de Wenceslao Roces El problema del conocimiento en la filosofía y en las ciencias modernas (1º tomo). Fondo de cultura económica. México: 1953. pp. 447-612. Capítulo I "Descartes"

· BECKET, S.:
Molloy

Malone muere

El innombrable

- ORWELL, G. 1984

- PARFIT, Derek Razones y personas. Tradución e estudo introductorio de Mariano Rodríguez González. Ed. Mínimo Tránsito A. Machado Libros. Colección Teoría y Crítica, Madrid: 2004 pp. 410-453

- MARTÍNEZ MARTÍNEZ, José Antonio Razón y método en Descartes. Tesis doctoral de la Universidad Complutense de Madrid. Madrid: 1984

- WOOLHOUSE, R. S. Descartes, spinoza, Leibniz. The concep of sustance in seventeenth-century metaphysics. New York: 1993 pp.14-26

- STROUD, Barry El escepticismo filosófico y su significación. Fondo de cultura económica, México:1991

1. A dúbida como cuestionamento intraescéptico do coñecemento

Descartes aborda a cuestión do coñecemento desde un punto de vista da xustificación. Pretende, polo tanto, revisar os fundamentos do coñecemento para construír coñecemento sobre bases sólidas. Por isto dicimos que a teoría do coñecemento xorde en Descartes coma unha busca de método. De feito, non hai distancia entre filosofía e método cartesianos, senón que o seu método é xa un sistema filosófico.
Para abordar a cuestión do escepticismo e da teoría do coñecemento como unha necesidade ou busca de método na Idade Moderna, debemos ter en conta o pensamento renacentista. No Renacemento o escepticismo descansa precisamente nesta carencia de método e na ausencia de criterioloxía. Por iso se producen estas críticas ó que se tiña por verdadeiro e realmente non deviña dun método concreto ou adecuado. Debemos lembrar que o escéptico non cuestiona o feito do coñecemento como acto de conciencia, senón do seu valor lóxico. Non é un personaxe anti-epistemolóxico, senón que pide xustificación para transformar as crenzas en certezas.
Desde este punto de vista, é máis fácil comprender a importancia e necesidade dun método rigoroso e eficaz para abordar a cuestión do coñecemento. O Discurso do método (1637) é a primeira obre de Teoría do Coñecemento nun sentido disciplinar, cun tratamento sistematicamente metodolóxico. Nas Meditacións metafísicas (1641) temos o intento de resolver as necesidades de fundamentación que xorden deste método. Estas son, polo tanto, as primeiras obras, ambas de Descartes, que propoñen un método e con el unha teoría do coñecemento como sistema.
Podemos preguntarnos agora cal é o método cartesiano. Pois ben, o método de Descartes é basicamente o método dedutivo, que precisa de certezas para fundamentarse. O modo de Descartes de obter estas certezas consiste na dúbida: a dúbida metódica ou dúbida hiperbólica. Aquí atopamos un forte vínculo entre Descartes e a figura do escéptico. A construción metodolóxica do coñecemento vai partir da dúbida. No fondo estase usando a ferramenta do escéptico, compartindo así dominio de reflexión con el. O obxectivo, entón, é construír certeza a partir da dúbida, é dicir, dubidar de todo ata que atopemos verdades indubidables. O obxectivo é , polo tanto, discernir os coñecementos sólidos de entre os erróneos.
Aquí temos a dúbida hiperbólica, unha dúbida total que se rompe no momento en que Descartes é consciente de que aínda que nos equivoquemos e aínda que dubidemos de todo, non podemos dubidar de que dubidamos. É a mesma dúbida a que nos leva á autocerteza, á evidencia dun suxeito pensante. De aí que teñamos un “Se dubido, existo”, cogito, ergo sum”. Probablemente Descartes antes de construír o razoamento xa tiña en mente o cogito, recuperado do “Si fallor, sum” de santo Agostiño de Hipona. Recordemos que este non demostraba a existencia do suxeito senón a de Deus, baseándose en que Deus é verdade. Deixando isto a un lado, con Descartes nace deste xeito a subxectividade, o suxeito como elemento protagónico do coñecemento. Así como moitos aspectos da filosofía cartesiana son cuestionables, a partir deste momento non se poderá dubidar da subxectividade, que queda firmemente establecida.
En todo caso, a autoevidencia do cogito descansa no acto de pensamento que é a dúbida. Deste xeito, Descartes asume o escepticismo na súa filosofía. Non é que dialogue co escéptico intentando superalo ou refutalo (postura que atopamos en Platón claramente, por exemplo), senón que o integra no propio sistema. Así mesmo, non se trata de superar a dúbida, senón que dubidar é tamén coñecer. O escepticismo é positivo na medida en que nos forza a formular esta cuestión en niveis ós que non teriamos razón para chegar ou considerar se non.
As tres dúbidas que formula o sistema cartesiano son as seguintes: a dúbida dos datos da percepción sensorial, a posible confusión de sono e vixilia e o cuestionamento das evidencias da razón (co argumento do “xenio maligno”).
Desde o punto de vista da análise do escepticismo e da dúbida na figura de Descartes, dentro da nosa disciplina interpretámolo de dúas maneiras:
a) Entedemos ó Descartes que se nos instala na cuestión da dúbida e emprega e instrumentaliza o filtro do escéptico dunha forma externa. Emprega ó escéptico para buscar o verdadeiro coñecemento.
b) Comprendemos a outro Descartes dentro do seu escepticismo, como un autor intra- escéptico. Crea o coñecemento a través da dúbida. Esta é, quizais, a interpretación máis acertada.
Por último, unha crítica que se lle pode facer a Descartes en relación a esta temática é que propón o seu método dende o prexuízo, axioma, dogma da “autosuficiencia da razón”, a convicción de que a razón é capaz de chegar por si soa ó coñecemento.
A partir de Descartes veremos como o papel do escepticismo na Teoría do Coñecemento deixa, efectivamente, de ser un rival, para pasar a ser criterio regulador. Este é un trazo que se manterá ata os nosos días.

3. O método deductivo. As catro regras.

 "Non aceptar nunca como verdadeiro o que con toda evidencia non serecoñecese coma tal; Isto é, evitarase coidadosamente aprecipitación e os prexuízos, non dando cabida nos xuízos senónaqueles que se presenten ó espírito de forma tan clara e distintaque non sexa admisible a máis mínima dúbida”.
 
Descartes. Discurso do método. Segunda parte.



“Dividir cada unha das dificultades que atopase ó meu paso en tantas partescoma fose posible e requira a súa máis fácil solución”.
Descartes. Discurso do método, Segunda parte.


 
"O terceiro [destes preceptos consistía en] ordenar os coñecementos, comezando sempre polos máis sinxelos, elevándome por graos deica chegar ós máis complexos, e supoñendo un orden en aqueles que non o tiñan por naturaleza"

Descartes, Discurso del Método, Segunda parte: "Principales Reglas del Método"


"E o derradeiro [destes preceptos] consistía en facer enumeracións tan complexas e xerais, que me deran seguridade de non ter incurrido en ninguna omisión"

Descartes, Discurso del Método, Segunda parte: "Principales Reglas del Método"



5. A permanencia do pensamento cartesiano na actualidade




"-¡Qué tontería! La Tierra tiene sólo nuestra edad. ¿Cómo va a ser más vieja? No existe sino lo que admite
la conciencia humana." [...]
"Te digo, Winston, que la metafísica no es tu fuerte. La palabra que tratas de encontrar es solipsismo. Pero estás equivocado, en este caso no hay solipsismo. En todo caso, habrá solipsismo colectivo"


O'Brien trata de facerlle comprender a Winston Smith cal é a natureza dos mecanismos de control mental aplicados polo IngSoc. Cando este se decata de que o partido nega a existencia da realidade extramental e a validez do dato empírico, Smith pensa inmediatamente no solipsismo e intenta rebatilo, pero O'Brien sácao do seu erro: non se trata de que non exista efectivamente a realidade extramental, senón que mediante o adoutrinamento das masas a interpretación e significación desta pode ser cambiada a pracer e mesmo feita irrelevante co fin de evitar calquera tipo de rebelión contra o poder estabrecido.

George Orwell, 1984, parte 3ª, capítulo III. Tradución de Rafael Vázquez Zamora, 2010, Barcelona, Destino, Colección Austral

"I am therefore I do
Pursue. I am the weaver,
I do therefore become
A seer and believer.

Observing the shades
Interpreting signs
Reporting the patterns
Row by line"

Interesantísama conversión do cogito, na que o autor parece defender a actividade en xeral como característica esencial do ser, capaz de sacalo do seu solipsismo e abrilo ó mundo, que pasará a interpretar, "tecendo" o seu mundo liña a liña.

Puscifer, The Weaver, en Conditions of my Parole ·(2011)

4. A teoría da sustancia




a) A primeira sustancia: A res cogitans achada como primeira certeza. 
O solipsismo.

b) A res infinita. Dedución da existencia de deus. A veracidade divina


c) A res extensa. A demostración da realidade sensible.



 
Sustancia para Descartes é aquilo do que tal maneira existe, que non precisa de ningunha outra cousa para a súa existencia. En certo sentido, só deus é sustancia. Nun sentido máis amplo, sustancia é todo o que só precisa da axuda divina para a súa existencia. Sen a forza divina creadora conservadora da divinidade, as sustancias finitas non poderían existir.
As propiedades das sustancias chámanse atributos e expresan a esencia da cousa, puidendo concebirse por si soa.
Descartes distingue a sustancia infinita das sustancias infinitas:
a) A sustancia infinita ou res infinita é deus;
b) mentres que as sustancias finitas son
- o espíritu, como res cogitans e
- o corpo como res extensa.
O atributo da res cogitans é o de pensar, é a propia conciencia, que se manifesta na súa propia esencia, polo que a condición necesaria para que exista é que estea pensando.
A res extensa é  a extensión, como o seu nome indica, sen ela non é posible ningún corpo.
Os modos ou accidentes son as propiedades das sustancias que presupoñen a existencia de atributos.
O sentir, querer, desexar, imaxinar, xulgar son “modos de pensamento” ou modificacións da conciencia.
A figura, a posición, os movementos (do espazo) son “modos da extensión”.
Existe unha diferenza entre a concepción hylemorfica de Aristóteles fonte a concepción da sustancia finita en Descartes, e é que para el as cousas corporais non conteñen as formas metafísicas, xa que no mundo material todo se reduce á extensión e ó movemento mecánico, ambos intelixibles. Ademais, a materia non é irracional, a diferenza do que pensaba o estaxirita.
Alma e corpo son distintas entre si e existen con independencia mutua. O dualismo metafísico cartesiano, neste sentido, establece unha radical diferenza entre o corpóreo e o espiritual. Aínda sendo distintos, comunícanse, sendo deus o que establece a comunición. A res cogitans, ó coñecer, ponse en comunicación coa res extensa por medio da res finita. Non existe unidade de natureza entre corpo e alma, senón unidade de composición.

1.2. A posible confusión do sono-vixilia como proba da incapacidade dos sentidos para acadar a certeza



"Perfectamente, coma se eu non fose un home que adoita durmir pola noite e imaxinar en soños as mesmas cousas e ás veces, mesmo, menos verosímiles que eses desgraciados cando están espertos. Con canta frecuencia me fai creer o repouso nocturno o máis trivial, como, por exemplo, que estou aquí, que levo posto un traxe, que estou sentado xunto ao lume, cando en realidade estou deitado na miña cama despois de espirme! Pero agora vexo ese papel cos ollos abertos, e non está adormecida esta cabeza que movo, e consciente e sensiblemente estendo a miña man, posto que un home durmido non o experimentaría con tanta claridade; coma se non me acordase de que fun xa outras veces enganado en soños polos mesmos pensamentos. Cando dou máis voltas á cuestión vexo sen dúbida algunha que estar esperto non se distingue con indicio seguro do estar durmido, e asómbrome de maneira que o mesmo estupor me confirma na idea de que durmo."  
René Descartes, Meditacións Metafísicas, Meditación I.

2. A adquisición da primeira certeza. A indubitabilidade da evidencia do suxeito. Cogito ergo sum.

1.1. A dúbida da percepción dos sentidos