René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"

As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

Dúbida sobre os sentidos

 É evidente que os sentidos van a fallarnos en ocasións e así as cousas non son tal e como se nos aparecen. Efectivamente Descartes liga as percepcións ás afeccións provocadas polo corpo e recibidas na alma. Están por tanto directamente relacionadas coa res extensa, o mundo físico. Afirma en As paixóns da alma que a alma debe poñer freo a estes estímulos sensibles que a distraen da actividade intelectual. O sontén dos sentidos pode ser unha fonte de estímulos pero non é o lugar da ciencia. No mesmo sentido cando fala da res extensa, advirte da temeridade de admitir todas as cousas que os sentidos parecen ensinarnos, aínda que tampouco considera imprescindible poñer en dúbida toda a realidade.
En calquera caso o mundo físico percíbese polos sentidos e explícase polos elementos esenciais que o constitúen a saber, a extensión ou a xeometría e o movemento. O noso coñecemento da res extensa é limitado por estes elementos.
Pero, ¿Onde están los límites da mente e do pensamento como tal res cogita? Aínda hoxe en día resultan indefinidos e descoñecidos. Non podemos distinguir os certeiros dos ficticios.
¿Cantas veces nos engana a mente? En ocasións actúa de forma autónoma e superior á nosa propia conciencia e vontade.
Exemplos de enganos das percepción polos sentidos:
  1. Engano das capas e os sombreiros : O que realmente percibimos cos sentidos son capas e sombreiros. É a nosa mente a que presupón que lo que hai son persoas, debaixo deles. Sen embargo, temos de admitir que esta suposición mental es acertada, aínda cando os sentidos tampouco nos enganen. É a mente a que “elabora” as percepcións obtidas polos sentidos, e polo tanto intúe o que realmente hai.
  2. A mazá : nunha aula circular, o conferenciante, alza na súa man, a metade dunha mazá ¿que observarán los alumnos situados enfronte do obxecto? Pois terán a percepción de “media mazá”. Sen embargo, os alumnos situados detrás percibirán “una mazá enteira e los que se sitúan nos laterais, perciben “un cuarto de mazá”. Isto nos da una idea da labilidade das opinións baseadas nos sentidos e como se constrúe o subxectivismo a partir, do enfoque, o punto de vista, que o suxeito toma na construción do obxecto que desexa interpretar. Realmente para obter una visión “real” do obxecto, - en este caso “media mazá” – teríamos que ser “o conferenciante” que colocou o obxecto alí. Este papel podería interpretarse como “o creador” ou o que en filosofía coñecemos como “o terceiro home”. Un ente absoluto que en todo caso queda fora do “alcance humano”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario