René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"

As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

4. A teoría da sustancia




a) A primeira sustancia: A res cogitans achada como primeira certeza. 
O solipsismo.

b) A res infinita. Dedución da existencia de deus. A veracidade divina


c) A res extensa. A demostración da realidade sensible.



 
Sustancia para Descartes é aquilo do que tal maneira existe, que non precisa de ningunha outra cousa para a súa existencia. En certo sentido, só deus é sustancia. Nun sentido máis amplo, sustancia é todo o que só precisa da axuda divina para a súa existencia. Sen a forza divina creadora conservadora da divinidade, as sustancias finitas non poderían existir.
As propiedades das sustancias chámanse atributos e expresan a esencia da cousa, puidendo concebirse por si soa.
Descartes distingue a sustancia infinita das sustancias infinitas:
a) A sustancia infinita ou res infinita é deus;
b) mentres que as sustancias finitas son
- o espíritu, como res cogitans e
- o corpo como res extensa.
O atributo da res cogitans é o de pensar, é a propia conciencia, que se manifesta na súa propia esencia, polo que a condición necesaria para que exista é que estea pensando.
A res extensa é  a extensión, como o seu nome indica, sen ela non é posible ningún corpo.
Os modos ou accidentes son as propiedades das sustancias que presupoñen a existencia de atributos.
O sentir, querer, desexar, imaxinar, xulgar son “modos de pensamento” ou modificacións da conciencia.
A figura, a posición, os movementos (do espazo) son “modos da extensión”.
Existe unha diferenza entre a concepción hylemorfica de Aristóteles fonte a concepción da sustancia finita en Descartes, e é que para el as cousas corporais non conteñen as formas metafísicas, xa que no mundo material todo se reduce á extensión e ó movemento mecánico, ambos intelixibles. Ademais, a materia non é irracional, a diferenza do que pensaba o estaxirita.
Alma e corpo son distintas entre si e existen con independencia mutua. O dualismo metafísico cartesiano, neste sentido, establece unha radical diferenza entre o corpóreo e o espiritual. Aínda sendo distintos, comunícanse, sendo deus o que establece a comunición. A res cogitans, ó coñecer, ponse en comunicación coa res extensa por medio da res finita. Non existe unidade de natureza entre corpo e alma, senón unidade de composición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario