René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"

As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

A revisión ou enumeración

A enumeración, última regra do método dedutivo cartesiano, pode ser se cadra a máis sinxela de explicar, pero non por ese motivo a menos importante.
Unha vez que obteñamos os resultados buscados mediante o exercizo dos anteriores pasos do método, debemos cerciorarnos de que estes teñen validez. Para conseguilo tan só debemos repasar con coidado os pasos que demos ([...]"facer en todo uns recuentos tan integrais e unhas revisións tan xerais, que chegase a estar seguro de non omitir nada", dinos Descartes no Discurso do método), asegurándonos de non ter cometidos erros en ningún deles.
Desta maneira cercioraríamonos de que non actuou contra nos a nosa impulsividade ou descoido e de que operamos conforme o método, establecendo unha cimentación sólida para o coñecemento.