René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"

As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

A primeira substancia: A res cogitans achada como primeria certeza. O solipsismo.

 a) A primeira sustancia: A res cogitans achada como primeira certeza.

Descartes trata a natureza do espírito humano
" Así pois, falando con precisión, non son máis ca unha cousa que pensa, é dicir, un espírito, un entendemento ou unha razón, que son términos cuxa significación me era antes descoñecida. son entón, unha cousa verdadeira, e verdadeiramente existente; mais, que cousa? Xa o dixen: unha cousa que pensa." Meditaciones Metafísias Descartes
A razón neste caso aparece como aquilo que ten o poder de pensar. "Cosa pensante", onde Descartes comeza a recoñecerse, tras o proceso do método da dúbida. Por pensamento, en canto cousa que pensa equipárase espírito e entendemento con razón; polo pensamento, en canto "eu" que pensa, considérase como a razón á alma

"Posto que, por unha parte, teño unha idea cara e distinta de min mesmo, en tanto que eu só son unha cousa que pensa e non extensa,e por outra parte, teño unha idea distinta do corpo, en tanto que este é so unha cousa extensa e que non pensa, é ben certo entón, que ese son eu, é dicir, a miña alma, pola cal son o que son, é enteira e verdadeiramente distinta do meu corpo, e que pode existir sin ela." Final das Meditacións Metafísicas
Esta alma correspóndelle o atributo do pensamento, que trata de delimitar o propio da alma e do corpo.
A res cogitans como cousa que pensa é, segundo Descartes:
"Unha cousa que dubida, que entende, que afirma, que nega, que quere, que non quere, que imaxina tamén, que sente..." Meditacións Metafísicas
Xa no mesmo acto do pensar, recolle unha serie de atributos que van dende o sentir até o entender; en definitiva "pensar é o acto totalizante", e onde aparece o pensamento, é onde el o denomina espírito (aínda que el recoñeza que o termo sexa pouco adecuado):
"A substancia onde reside inmediatamente o pensamento chámase Espírito. Porén, este nome é equívoco, xa que ás veces atribúese o vento ou a licores moi sutís; pero eu non podo referirme a el de outra maneira que coñeza." Meditacións Metafísicas
Tanto "espírito" como "alma" son termos que parecen dar lugar a equivocacións, que as emprega como sinónimos de razón.
O solipsismo
"Pecharei agora os ollos, taponarei os meus oídos, bloquearei todos os meus sentidos, borrarei mesmo do meu pensamento todas as imaxes de cousas corporais ou, polo menos, xa que iso é case imposible, considerareinas como vas e falsas; e así, conversando só comigo mesmo, e considerando o meu interior, tentarei facerme, aos poucos, máis coñecido e familiar a min mesmo. Son unha cousa que pensa, é dicir, que dubida, que afirma, que nega, que coñece algunhas cousas, que ignora moitas outras, que ama, que odia, que quere, que non quere, que imaxina, tamén, e que sente. Pois, tal como sinalei anteriormente, aínda que as cousas que sinto e que imaxino quizá non sexan absolutamente nada fóra de min e en si mesmas, estou seguro, no entanto, de que esas formas de pensar, ás que chamo sentimentos e imaxinacións, só en canto son formas de pensar, residen e atópanse certamente en min. E no pouco que acabo de dicir creo dar conta de todo o que sei verdadeiramente ou, polo menos, de todo o que até agora considerei que sabía."

Descartes, como podemos ver, toma unha postura solipsista e cae así no prexuízo psicoloxista respecto ó coñecemento. Neste caso reduce a incomunicabilidade do suxeito. O mesmo cogito que lle permite escapar da dúbida metódica, péchao nos contidos da conciencia. O ego do cogito é unha conciencia solitaria (res cogitans) loxicamente independiente de calqueira corpo, é a evidencia invidente; que non é capaz de outra evidencia. Aquilo do que pode estar seguro é dos contidos da conciencia, das ideas mesmas, non do exterior. Vese así, o cogito a un solipsismo escéptico Só apoiánose na crenza de que deus existe, e como é bo, non o pode enganar, póde fundamentar a crenza da existencia do mundo exterior.