A finalidade deste blog é realizar un estudo comprehensivo da teoría do coñecemento en Descartes, funadamentado na análise do seu método de acceso ó coñecemento e o seu carácter intraescéptico. Os textos serán introducidos mediante pequenos fragmento de Descartes ou comentarios superficiais que, sendo clicados dirixiran a unha páxina do blog co tema en cuestión desenrolado en detalle.
René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"
As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!
As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!
1.2. A posible confusión do sono-vixilia como proba da incapacidade dos sentidos para acadar a certeza
"Perfectamente, coma se eu non fose un home que adoita durmir pola noite e imaxinar en soños as mesmas cousas e ás veces, mesmo, menos verosímiles que eses desgraciados cando están espertos. Con canta frecuencia me fai creer o repouso nocturno o máis trivial, como, por exemplo, que estou aquí, que levo posto un traxe, que estou sentado xunto ao lume, cando en realidade estou deitado na miña cama despois de espirme! Pero agora vexo ese papel cos ollos abertos, e non está adormecida esta cabeza que movo, e consciente e sensiblemente estendo a miña man, posto que un home durmido non o experimentaría con tanta claridade; coma se non me acordase de que fun xa outras veces enganado en soños polos mesmos pensamentos. Cando dou máis voltas á cuestión vexo sen dúbida algunha que estar esperto non se distingue con indicio seguro do estar durmido, e asómbrome de maneira que o mesmo estupor me confirma na idea de que durmo."
René Descartes, Meditacións Metafísicas, Meditación I.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario