“De maneira que, tras pensalo ben e examinalo todo coidadosamente, resulta que é preciso concluír e dar como cousa certa que esta proposición: “eu son”, “eu existo”, é necesariamente verdadeira, cantas veces a pronuncio o a concibo no meu espírito.” Descartes. Meditacións Metafísicas. Meditación segunda.
A finalidade deste blog é realizar un estudo comprehensivo da teoría do coñecemento en Descartes, funadamentado na análise do seu método de acceso ó coñecemento e o seu carácter intraescéptico. Os textos serán introducidos mediante pequenos fragmento de Descartes ou comentarios superficiais que, sendo clicados dirixiran a unha páxina do blog co tema en cuestión desenrolado en detalle.
René Descartes foi o primeiro en poñer a discusión sobre o problema do coñecemento e a verdade no centro do discurso filosófico, e o primeiro autor en pretender superar o escepticismo mediante o seu mesmo exercicio. Por tales motivos, escollimos as súas obras sobre esta materia como modo de introducirnos o estudo histórico da ciencia coñecida como "teoría do coñecemento"
As entradas e páxinas do blog, abaixo presentadas de maneira visual e casual, atopan a súa orde no pequeno mapa conceptual que se sitúa á dereita, que serve como guía para a lectura dos comentarios e fragmentos que aquí expoñemos. Esperamos que lles facilite a lectura!

No hay comentarios:
Publicar un comentario